Muriel - María Canosa

 ola ola 🌼 hoxe quería falarvos do libro máis especial do meu estante, e é que como boes lectories que somos aquí, os libros gañan un significado moito máis especial se nolo regala alguén a quen queremos e apreciamos (déixovos aquí a recensión en Instagram)
Muriel chegou ás miñas mans por casualidade, fun eu quen o escolleu como lectura para un traballo da universidade (mediante un préstamo). E sabedes cando tendes a sensación de que un libro estaba esperando por vós e vós estabades esperando atopar un libro que ocupase ese lugar especial? Pois así me sentín dende as primeiras páxinas ✨

Muriel 🥛 é un neno que bota de menos á súa avoa e todo o tempo que pasaba con ela, e eu estaba nese proceso de asentar que a miña avoa me ía deixar en pouco tempo, levaba xa un ano moi enferma e sabía que era posiblemente o último inverno que pasaría comigo. Así que Muriel fíxome sentirme abrazada, reconfortada e feliz. Fíxome canalizar mellor as emocións e entendelas. Doume un golpe de realidade e fíxome medrar. Fíxome a súa amiga, e tamén de Blim, ese raposo tan gracioso. Ata me fixo volver a beber leite 🥛

Ese Nadal pedinlle a miña avoa que por reis me agasallase Muriel, precisaba ter este recordo, a sensación de que eses últimos meses foron moito máis bonitos grazas a Muriel (e sobre todo a @mariacanosa por crear unha historia tan real e un personaxe que será sempre o meu amigo, e a 
@luciacoboillustration polas ilustracións tan fermosas que máis tarde debuxei e teño colgadas polo meu cuarto).


Hoxe fai tres anos que non a vexo pero Muriel é o libro que sempre sempre sempre está na miña mesiña de noite. Cando non son quen de durmir miro cara ese lado e atopo a tranquilidade de saber que está aí.


Teño que recoñecer que aínda non fun quen de relelo, supoño que a todes nos dá un pouco de medo enfrontarnos a esas emocións tan fortes. Mais creo que chegou o momento, porque se no seu día me axudou, estou segura de que agora tamén o vai facer.

Tedes algún libro que vos axudara en momentos difíciles? Son realmente moi boa compañía ✨

Comentarios

Publicar un comentario

Grazas!

Publicacións populares deste blog

mazá da horta 🍎

Nubes de evolución - Andrea Maceiras

La campana de cristal - Sylvia Plath