Publicacións

Muriel - María Canosa

Imaxe
  ola ola 🌼 hoxe quería falarvos do libro máis especial do meu estante, e é que como boes lectories que somos aquí, os libros gañan un significado moito máis especial se nolo regala alguén a quen queremos e apreciamos (déixovos aquí a recensión en Instagram) Muriel chegou ás miñas mans por casualidade, fun eu quen o escolleu como lectura para un traballo da universidade (mediante un préstamo). E sabedes cando tendes a sensación de que un libro estaba esperando por vós e vós estabades esperando atopar un libro que ocupase ese lugar especial? Pois así me sentín dende as primeiras páxinas ✨ Muriel 🥛 é un neno que bota de menos á súa avoa e todo o tempo que pasaba con ela, e eu estaba nese proceso de asentar que a miña avoa me ía deixar en pouco tempo, levaba xa un ano moi enferma e sabía que era posiblemente o último inverno que pasaría comigo. Así que Muriel fíxome sentirme abrazada, reconfortada e feliz. Fíxome canalizar mellor as emocións e entendelas. Doume un golpe de realidad...

Nubes de evolución - Andrea Maceiras

Imaxe
[literatura xuvenil] Esta histora dedica cada capítulo a un dos seus personaxes principais: Amanda, Uxío e Luís. Así imos coñecendo mellor as súas formas de actuar, de pensar e de vivir. Son persoas diferentes cun pasado complicado, levan ás costas unha mochila chea de responsabilidades e dores que non as deixan evolucionar e as manteñen nun bucle que parece complicado abandonar. Mais se queremos crer no destino e nas casualidades, podemos pensar que unha frase na estación de autobuses cambiará a vida deles tres e axudaraos a salir desa tristeza e dese enfado consta nte no que viven. Son tres persoas moi distintas que aparentemente pode parecer que non teñen nada en común, pero despois de ir descubríndoos pouco a pouco en cada capítulo saberemos que as nubes de evolución e unha canción dos Rolling Stones uniraos para darlles forzas e saír así dese bucle. A miña personaxe favorita é Luís. A tenrura que desprende, incluso neses momentos onde os seus comportamentos son inad...

La campana de cristal - Sylvia Plath

Imaxe
Este libro, onde a protagonista é un álter ego da autora, foi escrito en 1953 mais non se publicou ata 1963, poucas semanas antes de que Sylvia Plath se suicidase. Nel coñecemos a historia de Esther, unha moza nova en etapa estudantil nos anos cincuenta en Nova York, e imos camiñando da súa man para repasar as súas vivencias ata que ten que buscar axuda des profesionais da saúde mental (unhes profesionais que naquela época deixaban moito que desexar!). A primeira parte do libro céntrase máis nas súas vivencias e estudos, e na segunda xa se nos presenta esta parte da súa vida onde enferma e empeza a ter ideas de suicidio. A protagonista fálanos das múltiples citas e relacións que tivo con varios mozos e que non remataron ben, entre eles Buddy Willard ou Irwin, aos que lle teño especial asco. Nas súas relacións sentimentais e sexuais vemos a necesidade tan importante de falar, de concienciar, de establecer relacións saudábeis de parella ou compañeires sexuais dende o respec...

mazá da horta 🍎

Imaxe
 Olaa <3  Despois de varios intentos de retomar este espazo e sen saber moi ben cara onde enfocalo, creo que por fin me decidín. Vou empregalo como diario de lecturas do mesmo xeito que o fago en Instagram onde podedes atoparme como @mazadahorta.  Espero que poidamos compartir moitas lecturas e descubrir outras tantas <3